O Festival do Pasatempo regresa este 2025 con dous días de música en xullo

A organización anunciou a celebración do evento os días 27 e 28 de xullo cun cartel que descubrirán a semana que vén.


|

469164799 17990992166737770 4806270538976195272 n
Foto: Festival do Pasatempo

 

Respirábase certa inquietude en Betanzos. Nas últimas semanas moitos miraban o calendario e non sabían que datas marcar en vermello ou, si ao fina, non habería nada que celebrar no municipio. Pero a organización do Festival do Pasatempo non defraudou e un ano máis traerá o evento ao Parque do Pasatempo de Betanzos con concertos únicos en directo nunha nova edición desta cita, unha das máis esperadas do verán en Galicia. 

 

UN CARTEL DE PRIMEIRO NIVEL

Por agora, PlayPlan, á fronte da organización, só asomou a patita e non descubriu máis que as datas para anotalas na nosa axenda e non faltar á festa que se celebrará os días 27 e 28 de xullo no lugar que xa todos sabemos.  

 

O cartel está a punto, pero o festival resístese a dalo a coñecer, polo que haberá que esperar até as 12 horas do próximo martes 27 de maio, momento no que se descubrirán os nomes dos artistas que integrarán esta proposta que, asegurán, contará con "artistas de renome que levarán os seus espectáculos completos" á localidade coruñesa. 

 

Image (9)

 

A promesa cumprirase si ou si se temos en conta que só na última edición pasaron por Betanzos Andrés Suárez, David Bustamente, Sabela ou Paula Matheus. Iván Ferreiro, Taburete, M Clan, Os Segredos, Prok, Califato 3/4 ou Bad Gyal tamén se deixaron ver en anos anteriores polo Parque do Pasatempo, deixando claro que os invitados a este emprazamento catalogado como Ben de Interese Cultural son sempre de primeira orde e con estilos para todos os gustos. 


 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE