Todos nas súas marcas para facer cun abono para o Festival Sinsal, o cartel mellor gardado de España
A venda de entradas de día arrinca o xoves 15 de maio, pero este martes, desde as 12 horas, xa se poden adquirir os abonos.
Algúns, os máis impacientes, xa están a gardar sitio no peirao esperando polo barco que os levará de regreso a San Simón. Non hai moitas entradas e os asentos na nave son limitados, polo que hai que estar moi bicho se un quere lograr un ticket dourado para o Festival Sinsal, un dos eventos do ano en Galicia e en toda España pola singularidade da súa proposta, gardada baixo chave até xusto o momento no que os festivaleros pon un pé na praia.
CORRE QUE SE ACABAN
Para ir ao Sinsal, que este ano se celebrará os días 25, 26 e 27 de xullo, hai que ser un dos máis rápidos en facer cun dos bonos dispoñibles desde este martes a partir das 12 horas. Os que queiran conseguir unha entrada de día terán que ser, se cabe, igual de veloces, pois saen á venda o xoves 15 de maio pero a previsión é que voarán á mesma velocidade que os abonos.
E é que as ganas de descubrir que artistas e, o que é máis, que estilos e contienentes formarán parte desta inusual proposta é o motor do Sinsal, que deixará os abonos á venda até o mércores ás 23:59 horas pero, todo fai indicar, que non será necesario chegar a ese extremo, pois se esgotará o papel antes de que o reloxo marque a medianoite do mércores ao xoves.
"Cabe destacar que, nesta edición, o primeiro día coincide cunha data festiva, polo que a actividade comezará en horario de mañan", lembran desde a organización, que tamén incide en que "o transporte á illa está incluído no billete e os prezos son diferentes en función do punto de saída (desde Vigo ou desde Meirande) ou da idade dos asistentes", pois os máis económicos son para os menores de 16 anos.
Escribe o teu comentario