Pontevedra acollerá un concerto de Jennifer López o 8 de xullo pola súa xira 'Up all night Live en 2025'
A da Boa Vila será a única parada da cantante, actriz e bailarina en Galicia.
A artista internacional Jennifer Lopez actuará este verán en Pontevedra , dentro da súa xira 'Up all night Live in 2025', única parada da cantante, actriz e bailarina en Galicia.
Así, a cita será o 8 de xullo no parque de Tafisa, antes de recalar noutros puntos da xeografía española, como Cádiz (10 de xullo), Málaga (11 de xullo), Barcelona (15 de xullo) e Bilbao (16 de xullo).
Jennifer Lopez, neoiorquina de ascendencia portorriqueña, vendeu até a data máis de 80 millóns de discos, acumula máis de quince mil millóns de reproducións e conta con case 28 millóns de oíntes mensuais, só en Spotify.
Ademais de cantante e bailarina, tamén exerce como produtora, empresaria e actriz en películas e series. Entre os galardóns que obtivo ao longo da súa carreira están os American Music Awards, MTV Vídeo Music Awards, ou os Grammy Latinos.
Escribe o teu comentario