O Corte Inglés de Santiago prepara actividades para os máis pequenos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil

A lectura de 'Brunilda e Brunildo' de Ánxela Gracián celebrarase este mércores ás 11 horas na Sala Ámbito Cultural da superficie comercial compostelá. 


|

Anxela gracian
Foto: O Corte Inglés

 

Este mércores 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e no Corte Inglés de Santiago de Compostela non queren perder a ocasión de reivindicar o traballo de tantas persoas que, ligadas ao mundo das letras, alentan a lecutra e expanden a cultura entre os máis novos, aos que a espiral dos libros pícalles grazas a esta clase de iniciativas.

 

BRUNILDA E BRUNILDO

As celebracións arrincan mañá ás 11 horas na Sala de Ámbito Cultural da superficie compostelá, cunha sesión de contacontos da man de Anxela Gracián a través da súa obra 'Brunilda e Brunildo'. O acto está especialmente pensado para os alumnos do primeiro ciclo de Primaria do Colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela, que asistirán á lectura deste libro ilustrado a todo cor.

 

Brunida e brunildo edicions fervenza

 

A historia da ra Brunilda e a súa amizade con Brunildo, separados por un muro pero con sentimentos afíns, descobre as diferenzas e as similitudes entre estes dous protagonistas "tan diferentes por fóra, pero tan semellantes no seu interior", de forma que os máis pequenos poidan comprender temas como a tolerancia e a adaptación. 

 

O traballo de Anxela Gracián achega aos nenos e nenas a temas complexos a través dos seus contos infantís, pero da súa obra tamén podemos rescatar traballos de poesía ou narrativa, con títulos como 'A toupiña cegarata', 'As voces dá Auga', 'Paisaxes de Pan', 'Camiño solitario' ou 'Aniceta'.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE