Queremos Galego prepara a "gran manifestación nacional" en Santiago o 23 de febreiro, Día de Rosalía
As entidades presentes no plenario aproveitaron para avaliar a situación do galego e para definir as accións a realizar a continuación, partindo das medidas xa expostas no mes de novembro pola plataforma e co obxectivo posto en reverter a "emerxencia lingüística"
A plataforma Queremos Galego celebrou este sábado en Santiago un plenario comarcal no que participaron diversos colectivos, os cales xa teñen a mirada posta na "gran manifestación nacional" que terá lugar o 23 de febreiro en Compostela.
Deste xeito, as entidades presentes no plenario aproveitaron para avaliar a situación do galego e para definir as accións a realizar a continuación, partindo das medidas xa expostas no mes de novembro pola plataforma e co obxectivo posto en reverter a "emerxencia lingüística".
Deste xeito, o coordinador do encontro, Fran Pérez, lembrou que os datos do uso e coñecemento do galego ofrecidas polo IGE "evidencian o estado de emerxencia lingüística extrema" do galego. Ademais, asegurou que non se pode ter "ningunha confianza" nun goberno da Xunta que "leva actuando contra acordos alcanzados por unanimidade".
"Un goberno que fala de pacto pola lingua pero non só non contestou as solicitudes de encontro, senón que xa está a propor o uso do castelán na TVG e a eliminación do dereito á atención en galego, permitindo o seu descoñecemento polo funcionariado interino", denunciou.
Escribe o teu comentario