Falece a 'señora Alicia', icona do Festival de Cans

Alicia Sánchez, a 'señora Alicia', icona do Festival de Cans e unha das veciñas máis emblemáticas no municipio do Porriño (Pontevedra), faleceu.


|

Tony Lomba y la señora Alicia, en el Festival de Cans
 


Segundo informou a organización do festival, Alicia Sánchez faleceu en Santiago un día antes de cumprir os 97 anos. "En Cans sempre será lembrada polo seu carácter afable e a súa xenerosidade para ceder a súa leira e a súa 'jalpón' para coloquios e proxeccións", explica.

E é que no terreo de Alicia houbo coloquios de cineastas como José Luís Cuerda, Rodrigo Sorogoyen ou Fernando León, intérpretes como Leonor Watling e Tristán Ulloa, ademais de concertos como Iván Ferreiro.

"Alicia era dunha das nosas. Aínda que nos últimos anos vivía en Cans, deixábanos as chaves para dispor da casa durante o ano. O seu 'jalpón', a súa adega ou o seu trasteiro eran almacéns do festival durante o ano", explica o director do certame, Alfonso Pato.

Aínda que nos últimos anos residía en Santiago, a 'señora Alicia' sempre era convidada a facer a primeira presentación da imaxe do festival nesa cidade e a lucir a primeira camiseta de cada edición.

"Alicia tivo a vida difícil de moitas mulleres da súa xeración, sacando a súa familia adiante, despois de emigrar co seu marido a Venezuela, onde aínda reside un dos seus fillos", explica a organización do festival, que indica que a súa casa en Cans foi vendida a unha nova familia que chegou á aldea coa que se está en conversacións para poder seguir usando as súas instalacións nas proxeccións. A XXII edición terá lugar do 20 ao 24 de maio.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE