A Mesa esixe ao conselleiro de Cultura o seu compromiso coa oficialidade da lingua

O próximo 23 de febreiro celebrarase unha gran mobilización en defensa da lingua en Santiago de Compostela.


|

Unnamed (50)
Foto: A Mesa

 

Tras moitos meses demandando o encontro, esta mañá tivo lugar a esperada reunión entre o conselleiro de Cultura, Lingua e Mocidade, José López Campos, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o presidente da Mesa poa Normalización Lingüística, Marcos Maceira. A plataforma levaba moito tempo perseguindo este encontro para pór sobre a mesa tanto a súa preocupación pola situación da lingua como as propostas para tratar de corrixir esta tendencia tan daniña para o galego.  

 

 

REIVINDICACIÓNS E PROTESTAS

"A situación é de emerxencia lingüística extrema, pero tamén é reversible co compromiso da sociedade e dos poderes públicos a favor do idioma", indicou Maceira tras o encontro, que compartiu con Elsa Quintas, vicepresidenta da organización, e Celia Armas, secretaria xeral da entidade de defensa da lingua.

 

As demandas da Mesa buscan, en primeiro lugar, lograr o compromiso firme da Xunta coa oficialidade da lenuga e reactivar o 'Plan xeral de normalización dá lingua'. Para iso, é necesario contar cos colectivos que defenden á lingua e que lle proceso para ru reactivación sexa "transparente" para "favorecer un clima de confianza entre os diferentes axentes". A vontade e o compromiso para sacalo adiante antóllase clave, a ollos do colectivo, polos que é indispensable a "renuncia á agresividade pública contra a lingua" e contra "as propostas que perseguen a reversión da tendencia negativa na que está".

 

Desde A Mesa tenden a súa man á consellería para "contribuír" a reactivar os acordos e "facer efectivos os obxectivos e medidas do PXNLG". "Farémolo con toda disposición e seriedade", reiterou Maceira, remarcando que o farán "sen lexitimar ningún proceso que non teña como obxectivo reverter a emerxencia lingüística", tal e como veñen facendo desde fai máis dunha década.

 

"Temos toda a disposición a continuar facendo achegas e propostas, sempre co obxectivo de avanzar na normalización da lingua galega. O galego debe estar en todo para poder usar para todo", reivindica A Mesa, que pide á Xunta "ser valentes e perder o medo ao idioma de Galicia" para acabar con todas as "liñas vermellas" que hoxe "impiden desenvolver na lingua propia de Galicia", tal e como indicaron miles de persoas en Santiago o pasado 17 de novembro, nunha nova evidencia de que a sociedade galega está a favor de demandar unha maior presenza da lingua no seu día a día, algo que se volverá a pór de manifesto o próximo 23 de febreiro nunha nova concentración polo Día de Rosalía na Praza do Obradoiro.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE