A Festa do Queixo de Arzúa prepara o seu aniversario máis especial con cinco carteis con moita historia

Os carteis para esta celebración do medio século de vida do evento homenaxean a todos os actores desta festa.


|

IMG 0648 2
Foto: Festa do Queixo de Arzúa

 

Cinco carteis. Un por década para conmemorar os 50 anos de historia que celebrará o próximo 2025 a Festa do Queixo de Arzúa, unhas vodas de ouro que terán lugar os días 14, 15 e 16 de marzo e sobre as que o Concello arzuán leva moito tempo traballando. A ocasión meréceo e por iso este ano non deixaron nada ao azar, tal e como demostraron hoxe na presentación dos cinco carteis que conmemoran a este evento.

 

 

DESDE Os PRODUTORES ATÉ Os ARTISTAS

A Queixería Barral foi o escenario desta posta en marcha para celebrar as vodas de ouro desta festa declarada de Interese Turístico en Galicia. Alí, representantes do goberno municipal, encabezados polo alcalde de Arzúa, Xesús Carril Ramos, destaparon as creacións a cargo do estudo de Daniel Camiño, con cinco deseños especiais nos que se conmemora a todos os que compoñen esta festividade tan singular.

 

 

O primeiro de todos eles é o da queixeira, un cartel que reivindica a figura feminina e o esforzo de todos os produtores que fan desa zona a Terra do Queixo coa Denominación de Orixen Protexida Arzúa-Ulloa como selo máis recoñecido. "Parte da economía, a cultua e a identidade galega", destacan os organizadores nun disexo que pon en valor a todos os produtores, desde os gandeiros e agricultores até os vendedores do produto final.

 

IMG 5118 1
Foto: Festa do Queixo de Arzúa

 

Os artistas tamén teñen o seu espazo na cartelaría, xa que a Festa do Queixo se converteu co paso dos anos nun evento onde a oferta musical ha gañado moitísimo peso, sendo un verdadeiro referente a nivel autonómico sen nada que envexar aos grandes festivais do país. Sen ir máis lonxe, só o ano pasado bandas como Arde Bogotá, A Plazuela, Fillas de Cassandra ou Grande Amore fixeron as delicias do gran público, destacando Arzúa como un punto de encontro da cultra e a festa a través da gastronomía.

 

 

Os visitantes, que se contan por miles nos días desta celebración que dá a benvida á primavera, os traballadores de sectores como a hostalaría, a restauración ou o comercio, tan importantes para o desenvolvemento e a promoción da festa, ou a tradición, coas familias que de xeración en xeración coidan por manter o legado da Festa do Queixo, son os outros tres elementos que a cita quixo homenaxear nos seus carteis, que pronto adornarán as rúas e cos que se festexa o medio século de vida deste gran evento gastronómico. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE