Baiuca suma e segue: anuncia a terceira data na Sala Capitol tras colgar o 'Sold Out' nas dúas primeiras

O artista de Catoira presentará o seu terceiro álbum na capital galega, onde suma unha nova data máis tras o éxito das anteriores.


|

Unnamed (38)
Baiuca

 

O 'Barullo Tour' está en marcha vento en popa a toda vela. A xira de presentación do terceiro álbum de Baiuca, que leva precisamente 'Barullo' por título, está a ser un éxito nas súas primeiras datas despois de visitar cidades como Barcelona, A Coruña, Formentera, Melilla, Murcia ou Hamburgo. Dentro e fóra do país, o artista de Catoira é aclamado, aínda que o groso dos seus seguidores podemos atopalo en Galicia, aínda que haberá que esperar para velo pola súa terra, onde xa colgou o cartel de 'Non hai billetes'...e onde anuncia unha nova data.

 

E é que o compositor, que tiña os días 23 e 24 de xaneiro anunciados para actuar na emblemática Sala Capitol de Santiago de Compostela, adiantou unha nova data, o 25 de xaneiro, para cristalizar así un triplete de actuacións na capital galega. Sen entradas disposibles para xoves e venres, a actuación do sábado 25 de xaneiro ten xa as entradas á venda desde este luns. 

 

As "electrofoliadas" de Baiuca converteron a este artista nun dos máis escoitados de Spotify dentro da cateogría de música en galego. É, ademais, un dos artistas "máis vangardistas, impredicibles e inabarcables dos últimos anos", como defínían na presentación deste novo disco coproducido xunto ao asturiano Sergio Pérez, onde fusiona unha vez máis a música tradicional con sons electrónicos dentro de xéneros como o deep house ou o transo.

 

Unnamed (39)

 

Carlangas, Antía Ameixeiras, Xurxo Fernández, Felisa Segade, Lilaina ou Xosé Lois Romeu son algúns dos grandes nomes que conforman a constelación de artistas que citou Baicua para este disco e que poderían ter unha aparición estelar na Sala Capitol no primeiro mes de 2025, que para Baiuca arrincará cargado de emocións e grandes momentos. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE