Aleixandre Lago, gañador do 'V Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán'

O premio foi desvelado este sábado 26 de outubro nun encontro celebrado no Bolo e ao que acudiron tamén os outros poetas finalistas, Daniel Barral e Benjamín Vidal


|

 

 

Aleixandre lago 2
Aleixandre lago 2

Aleixandre Lago Barcala resultou o gañador do 'V Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán', convocado pola Fundación que leva o nome do poeta de Ou Córgomo.

O premio foi desvelado este sábado 26 de outubro nun encontro celebrado no Bolo e ao que acudiron tamén os outros poetas finalistas, Daniel Barral e Benjamín Vidal.

Os tres autores tiveron ocasión de recitar os seus poemas nun evento conducido polo actor e músico valdeorrés Paco Campos e no que tamén interveu o músico Raúl Diz, membro do xurado.

O autor premiado cursou estudos de Filosofía e Filoloxía clásica. Colaborou como tradutor e axudante de dirección na compañía Teatro do Atlántico.

Como escritor, xa resultara finalista en dúas edicións do Premio de Poesía Díaz Jácome. Tamén publicou o libro 'Cartafol de Miraxes', gañador do 'XXIV Certame Literario de Vilalba' no ano 2018.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE