Pesar no xornalismo galego e no mundo das letras pola morte de Manuel Vidal Villaverde
O vigués faleceu o pasado sábado, día 19 de outubro, na súa localidade natal aos 78 anos de idade.

O poeta e xornalista vigués Manuel Vidal Villaverde faleceu o pasado sábado, día 19 de outubro, na súa localidade natal aos 78 anos de idade.
O coñecido profesional colaborou con medios como 'O Progreso', 'Faro de Vigo' ou 'Atlántico' e publicou traballos en revistas como 'Man Común', 'Graal' ou 'Cadernos para o diálogo'.
Como membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (#AELG) participou en numerosos actos, como nos Encontros Galeusca. Precisamente esta organización manifestou o seu profundo pesar polo falecemento do escritor.
Entre as súas obras máis coñecidas atópanse 'Luceiros fuxidíos' (1994), 'A sombre do inimigo' (1998) ou o ensaio 'Contra ou tempo' (2003). Vidal Villaverde foi enterrado este luns no Cemiterio de Pereiró.
Escribe o teu comentario