O documental 'Nado en Gaza' pecha o ciclo 'Gaza en 8 mm.' da Fundación Araguaney

A proxección terá lugar o vindeiro luns 7 de setembro ás 20 horas no Salón Oliveira do Hotel Eurostars Araguaney de Santiago.


|

NACIDO EN GAZA
Foto: Nacido en Gaza

 

A través da cultura podemos acercanos ás realidades que se viven en distintos puntos do globo. Realidades tan de actualidade e ao mesmo tempo tan afastadas como as dos habitantes de Gaza, que viron como a súa vida se transformaba radicalmente en cuestión dun ano, obrigando a millóns de persoas a abandonar os seus fogares polo asedio ao que se están vendo sometidos por parte do ejéricto israelí nun sistema de apartheid que non parece ter fin. Destas e outras verdades trataron as proxeccións do ciclo 'Gaza en 8mm.' que desenvolveron de forma conxunta a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e a Deputación dá Coruña e que conclúe este luns. 

 

Será o documental 'Nado en Gaza' o que poña o broche a este certámen, que bota o pano con esta cinta galardoada en 2015 co Goya a mellor documental. O xornalista Jon Sistiaga, o produtor Olmo
Figueredo González-Quevedo ou a cantante Bebe participan neste filme de Hernán Zin que narra, desde a perspectiva da infancia, o conflito palestino-israelí. 

 

A proxección do documental, que será gratuíta -pero na que "será indispensable a reserva previa de invitacións gratuítas no correo electrónico info@fundacionaraguaney.org"-, celebrarase este luns 7 de outubro ás 20 horas no Salón Oliveira do Hotel Eurostars Araguaney de Santiago

 

Programa diario Nacido en Gaza 7 outubro

 

Os organizadores explican que as peliculas seleccionadas nesta edición, dúas ficcións e dous documentais, "supoñen unha xanela á vida, ás loitas e ás historias dos habitantes de Gaza", sempre coa mirada dos cineastas que convidan ao expectador a "explorar e reflexionar sobre a realidade diaria dunha rexión marcada polo conflito, pero tamén pola resiliencia e a humanidade da súa xente". Desde a Fundación Araguaney aproveitan a ocasión para demandar un "diálogo significativo" sobre a transcendencia do conflito sobre o territorio palestino e a crise humanitaria que se está vivindo en Gaza. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE