Reforzo das frecuencias de bus na Laracha e Carballo con motivo das festas
A Xunta toma a iniciativa para facilitar o desprazamento multitudinario que se espera para estas datas.
A Xunta reforzará as frecuencias de autobús mañá e o sábado 17 de agosto con motivo das festas da Laracha e o xoves 15 e o sábado 17 debido ás da parroquia de Bértoa en Carballo co obxectivo de facilitar os desprazamentos das persoas asistente.
Segundo informa, os reforzos produciranse nos servizos de última hora nas saídas desde A Coruña e Carballo e activaranse servizos adicionais á primeira hora con destino a Carballo e A Coruña.
Deste xeito, das saídas de última hora desde A Coruña reforzarase o servizo das 22,00 horas desde a parada de Entrejardines mañá e o venres 16 e o das 22,30 horas desde a estación de autobuses o venres 15 e o sábado 17, ambos con destino á Laracha e Bértoa. No caso das saídas de última hora desde Carballo, reforzarase a saída das 21,15 horas cara a Laracha e Bértoa.
Por outra banda, no que se refire aos servizos adicionais á primeira hora do día seguinte, ofreceranse extra á primeira hora da mañá cara a Carballo e A Coruña.
Escribe o teu comentario