Guitarras afinadas e tixolas ao lume para a edición máis delicisiosa do Festival PortAmérica

'As Drogas', Aitana, Arde Bogotá, Xoel López ou Juanes son algúns dos artistas que desfilarán durante tres días de música na Azucareira de Portas.


|

WhatsApp Image 2024 07 04 at 13.44.03
Azucareira de Portas

 

Os festivaleros xa están salibando á entrada da Azucareira de Portas. E non é para menos. Este xoves arrinca a edición máis grande do Festival PortAmérica, para a que non queda nin un só billete á venda. Este evento é unha das citas ineludibles do verán en Galicia, xa non só pola súa proposta musical, senón pola oferta gastronómica que encerra o ShowRocking co que o PortAmérica diferénciase do resto de festivais de España, consolidado xa como un dos mellores do país, tal e como o proban os galardóns cos que foi premiada a organización nos últimos anos tanto pola calidade da súa propusta como polas súas iniciativas medioambientais e enfocadas á sustentabilidade. 

 

 

Cunha estimación duns 17.000 festivaleros ao día, nesta edición hai estrelas musicais da talla de Aitana, Xoel López, Juanes, Arde Bogotá, 'As Drogas', Guadi Galego, The Rapants ou Luz Casal, pero tamén estrelas Michelin, talles como Diego Guerrero, Javi Estévez, Javi Oleiros, Begoña Rodrigo, Víctor Martín ou Luís Lera, que estarán, entre outros, á fronte dos fogóns na degustación de todos os pratos programados para os tres días de concertos, con 20.000 petiscos e 60 opcións, tanto salgadas como doces, especialmente ideadas para o festi. 

 

 

Como novidade, os escenarios estarán nunha nova localización, contando cun terceiro recinto para 'A Duendeneta' e a súa música sen freo coas sesións de DJs. Unha bancada infantil, o espazo Queixiviño, o Mercado de Talentos, foodtrucks ou as barras feministas -cada unha bautizada co nome de mulleres galegas pioneiras ou destacadas nos seus respectivos campos- son outras infraestruturas deste festival que xera 350 empregos directos e 700 indirectos. 

 

 

"PortAmérica consolídase como o festival musical e gastronómico máis importante das Rías Baixas", celebran desde Esmerarte Industrias Creativas, que convida a todos os que non poidan asistir a seguir os concertos que se retransmitirán en directo por YouTube na canle do festival "así como nas páxinas da Feira Internacional da Música de Guadalaxara e PortAmérica Latitudes".

 

WhatsApp Image 2024 07 04 at 13.44.02
Festival PortAmérica

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE