A Fundación Araguaney promove un novo ciclo de cine palestino en Madrid

A organización compostelá, á fronte do Festival Amal na capital galega, proxectará tres cintas no Espazo Rolda de Madrid do 1 ao 3 de xullo ás 17:30 horas.


|

Gaza Surf Club
'Gaza Surf Club'

 

O horror que se vive hoxe en territorio palestino ten o seu contrapeso na cultura, a mellor ferramenta para loitar contra as calamidades e pór en contexto á poboación para entender mellor que está a ocorrer en Gaza e Cisxordania. Desde a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas avogaron por facer do cine esa canle de expresión, motivo polo que naceu o Festival Amal en Santiago de Compostela. Agora, este festival de cine Euro-árabe ten a súa ramificación en Madrid, onde a Fundación colaboran nun segundo ciclo de cine palestino.

 

Trátase dunha iniciativa que parte da Embaixada de Palestina en España, que convida á proyeción de tres cincas, en versión orixinal subtitulada en castelán, do 1 ao 3 de xullo no auditorio do Espaciom Rolda de Madrid. As proxeccións serán ás 17:30 horas e a entrada será libre até completar aforamento.

 

Cartel

 

O ciclo arrinca este luns coa película '3000 noites', un filme baseado en feitos reais baseada na experiencia de presas palestinas en cárceres israelís, onde teñen que dar a luz aos seus fillos. O martes será a quenda do documental 'Gaza Surf Club', dirixido por Philip Gnadt e Mickey Yamine coa historia duns mozos que usan este deporte para resistir na Franxa. 

 

3000 Noches
'3000 Noites'

 

O ciclo clausurarase este mércores co documental 'Nado en Gaza', "que narra os ataques israelís na franxa de Gaza a través dos ollos de dez nenos palestinos", explica a organización. "A cinta, nomeada a mellor documental nos Premios Goya 2015, foi producida pola cantante Bebe, o xornalista Jon Sistiaga e o produtor Olmo Figueredo González-Quevedo", detallan sobre esta proxección, que concluirá cun coloquio no que participará o seu director, Hernán Zin.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE