Medallas Castelao 2024: Asociación de Médicos Galegos, Leilía, Maite Isla, López Seijas e Borja Golán

A Xunta deu a coñecer os galardoados destes anos, entre os que destaca o grupo de música tradicional galega Leilía


|

Rueda preside el Consello de la Xunta.
Foto: EP

 

O Goberno galego ha aprobado na súa reunión semanal deste luns a relación dos condecorados coa Medalla Castelao correspondente á súa edición de 2024, entre os que se atopan a Asociación de Médicos Galegos (Asomega) e o grupo de 'pandereteiras' Leilía.

Tamén foron recoñecidos o empresario natural de Chantada (Lugo) Amancio López Seijas, fundador e presidente do grupo Hotusa; así como o xogador de squash compostelán Borja Golán e a viguesa Maite Isla, presidenta da Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sahara (CEAS-Sahara).
 

Grupo Leilía
Grupo Leilía


A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil que concede a Xunta e que recoñece a achega profesional e persoal de personalidades ou institucións polo seu traballo no ámbito artístico, literario, intelectual ou en calquera campo significativo para Galicia.

Este galardón entrégase cada ano o 28 de xuño, para conmemorar o retorno a Galicia dos restos do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE