Barcelos prepárase para un fin de semana de música coa VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico

375 participantes na mostra procedentes de municipios de Galicia e Portugal deleitarán ao público con composicións de música clásica e jazz do 13 ao 14 de abril.


|

Imagem 1
Foto: Eixo Atlántico

 

Como cada ano, a Mostra Musical do Eixo Atlántico é unha oportunidade para que novos talentos mostren o seu virtuosismo musical ao mundo. Este ano, pola VIII Edición, o escenario escollido polo ente transfronteirizo é o de Barcelos, onde os días 13 e 14 de abril interpretaranse algunhas das pezas fundamentais dentro da música clásica e o jazz.

 

Trátase de xornadas abertas ao público e contarán con 375 participantes, con 32 solistas e 343 intepretes de ao redor dunha trintena de escolas de música e conservatorios de concellos que compoñen o Eixo Atlántico, como O Barco de Valdeorras, Ferrol, Santiago ou Ponteareas en Galicia, mentres que os músicos lusos chegarán desde Vila do Conde, Bragança, Gaia ou a propia Barcelos, entre outros. Os lugares escollidos nesta ocasión é o Auditório São Bento Menni e o Teatro Gil Vicente, durante o sábado.

 

Cartel VIII Mostra Musical do Eixo Atlu00e1ntico

 

O broche de ouro a este fin de semana de música porao a final da Mostra Musical o domingo 14, cun xurado profesional seleccionando aos gañadores para a posterior entrega de premios, onde o Coro de Barcelos interpretará 'Grandola Vila Morena' nun evento no que tamén se homenaxeará ao músico galego Joám Trillo, nacido en Negreira en 1942 e unha das figuras determinantes no referido á protección e promoción da música do país, ademais de ser lembrado polo seu papel á fronte da Xove Orquestra de Galicia. 


 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE