A 19 MICE do Museo do Pobo elixe a 'Taxibol' e 'Habitar' como mellores películas desta edición

Así mesmo, o premio CREA foi para a película 'A Revolución (é) Probable', de María Ruído, Paula Barreiro-López e Le Douglas, e o premio do Público foi para '12 de maio de 1937', de Mar Caldas
 


|

Entrega de los premios MICE Museo do Pobo Galego.
 

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego outorgou este domingo os premios a mellor película internacional e mellor película en galego a 'Taxibol e 'Habitar', respectivamente.

De 'Taxibol', a película do director italiano Tommaso Santambrogio, o xurado destacou que é unha proposta "impactante e esteticamente portentosa, que explora os límites entre a ficción e a non ficción" e que establece unha contraposición "entre un diálogo íntimo, que transcende as barreiras lingüísticas e culturais, e o retrato sutil de relacións cotiás nas que persisten a violencia, o pasado colonial e dinámicas de poder".

Mentres, o premio MICE a mellor película galega foi para 'Habitar', un curto de Anxos Fazáns que o xurado describiu como "creativo e luminoso" que "a través dunha narrativa non convencional, ofrece unha perspectiva lúcida e contribúe á visibilidade das experiencias de persoas transgénero e non binarias".

Tal e como trasladou a organización nunha nota de prensa, a cineasta agredeció o premio e apuntou o seu desexo dun "audiovisual galego libre e diverso e por seguir construíndo espazos abertos de oportunidades para todas as persoas".

Ademais, o premio Agantro á Excelencia Antropolóxica recaeu en 'O signo buxán, de Kathryn Ramey. O xurado da Asociación Galega de Antropoloxía destacou o "excelente traballo de composición e edición" co que a directora "crea un verdadeiro manual de estilo para o traballo de campo na descrición etnográfica".

Así mesmo, o premio CREA foi para a película 'A Revolución (é) Probable', de María Ruído, Paula Barreiro-López e Le Douglas, e o premio do Público foi para '12 de maio de 1937', de Mar Caldas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE