O FIV de Vilalba 2024 será máis grande: un novo escenario e actividades gratuítas para todos os públicos

A nova edición do festival celebrarase os días 26 e 27 de abril no municipio lucense con Dorian, Vinte e un, Grande Amore, Iván Ferreiro ou Nena Polaca como principais atractivos.


|

Festival FIV de Vilalba, en Lugo
Festival FIV de Vilalba, en Lugo

 

O festival FIV de Vilalba disporá dun novo escenario e ofrecerá múltiples actividades, a maioría de acceso libre, e dirixidas a todas as idades na súa nova edición, que se celebrará os días 26 e 27 de abril no municipio lucense.

Así, durante o mediodía do sábado 27, o Escenario Emprazadas, que se situará na praza de Santa María, contará cunha programación diversa. Á xa tradicional actuación da Banda de Música de Vilalba, súmase a sesión DJ de Grande Osso e o karaoke FIV Stars con Esteban.

De Ninghures súmase ao cartel do FIV 2024 co Concerto Vibra Mahou. Nun comunicado explican que a banda é unha das seleccionadas a través do acordo de colaboración establecido entre a cervexeira e a Fundación Paideia Galiza "para promover o talento e impulsar proxectos musicais incluídos dentro dos programas de aceleración promovidos pola fundación".

O escenario Vibra Mahou, que volve á Praza da Constitución, recibirá a artistas de renome do panorama independente musical. A noite do venres subirán ao escenario Dorian, Vinte e un, Grande Amore, Mondra, e como colofón á festa, estará Eme Dj.

Xa o sábado será a quenda de Iván Ferreiro, A Randeeira Asasina, Nena Polaca, Lontreira, Serial Killerz e Señora Dj.

Os abonos continúan á venda a un prezo de 45 euros (máis gastos de xestión) tras esgotar o tres primeiros tramos, así como as entradas por día, que se poden adquirir a través da páxina web.

Así mesmo, habilitáronse dúas zonas de acampada, no polideportivo do CEIP Mato Vizoso e no campo de fútbol Estadio Roca.

Neste último espazo aínda quedan reservas dispoñibles a través da páxina web até o 15 de abril ou até esgotar o número máximo de parcelas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE