Actores de dobraxe sairán ás rúas de Santiago para reclamar dereitos laborais

O colectivo ten un convenio que non se modifica desde o ano 2006


|

Rueda de prensa de los profesionales del doblaje de Galicia
Rolda de prensa dos profesionais da dobraxe de Galicia

O colectivo de dobraxe de Galicia sairá ás rúas de Santiago de Compostela este domingo para denunciar a súa situación e "loitar polos seus dereitos", tendo en conta que ten un convenio que non se modifica desde o ano 2006.

Nos últimos 18 anos, lembra este colectivo, "non se subiu nin un céntimo, nin un IPC". Así, "por si isto fose pouco, cando traballan en castelán, as empreas pagan entre un 25% e un 38,4% menos" e, de "non aceptar estas condicións, serán vetados".

Estas e outras reclamacións son as que levan á asociación Artistas de Dobraxe Asociados (ADA) a saír ás rúas este domingo 17 de marzo, "cansados de que a patronal se negue a cumprir a lei".

A convocatoria de ADA, que conta co apoio dos sindicatos CIG, CC OO e UXT, partirá da Alameda de Santiago ás 12 horas para chegar até a Praza de Praterías, onde lerán o manifesto. Ademais, contan co respaldo da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e recibiron o apoio público da cantante Guadi Galego, o chef Javier Olleros (Culler de Pau), o xornalista Gonzo e entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística, segundo explican nun comunicado.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE