Máis de 80 estudantes de Galicia participaron no webinario de Aquae STEM coa física Gisela Baños

Viaqua celebra o Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia no Colexio Vilas Alborada


|

Ciencia nenas mulleres
Ciencia nenas mulleres

O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Con motivo desta efeméride, o programa educativo Aquae STEM, desenvolto desde fai catro anos por Viaqua e a súa fundación, Fundación Aquae, levou a cabo o pasado venres 9 de febreiro un novo webinario a cargo da física e especialista en ciencia ficción, Gisela Baños.

 

Esta actividade, dirixida a colexios de toda Galicia que participan no programa, reuniu a máis de 80 estudantes de primaria. Nesta ocasión, a xerente en Santiago de Compostela, Ana Tejeiro, e a directora de Desenvolvemento Sostible de Viaqua, Leticia Rodríguez, acompañaron ao alumnado do colexio santiagués, Vilas Alborada.

 

Durante o webinario, Gisela compartiu coas estudantes as súas vivencias e experiencias ao longo destes anos. De formación física teórica, os seus variados coñecementos permitíronlle ampliar o seu camiño cara o mundo editorial, onde participou en coleccións como “Os meus pequenos heroes”, “Mulleres extraordinarias” ou “Mitoloxía para nenos”, sendo finalista en varios premios literarios de relato curto. Tamén imparte cursos e seminarios sobre como a ciencia ficción pode contribuír a comprender o mundo actual.

 

Con estes webinarios, Viaqua busca facer fronte a unha das causas polas que as nenas non se ven atraídas polas carreiras STEM, como é a falta de visibilidade de referentes femininos. Así, grazas a estes eventos poden interactuar directamente con mulleres con perfís técnicos e científicos, profesionais destacadas nos seus campos de estudo, á vez que coñecen novos exemplos a seguir nestes campos profesionais.

 

Sobre este aspecto, a xerente de Viaqua, Ana Tejeiro, destacou a “importancia de achegar ás nenas mulleres que son referentes nos seus campos para romper estereotipos, inspiralas e que crean nas súas propias capacidades”. Pola súa banda, Leticia Rodríguez, quixo valorar que desta forma “promóvese a diversidade e a inclusión no ámbito científico e tecnolóxico, valores esenciais que enriquecen a innovación e contribúen a resolver problemas desde diferentes perspectivas”.

 

Dende 2020 esta iniciativa en liña tivo o privilexio de contar con mulleres como Belén Rosado, unha moza matemática que investiga desde a Antártida; Tatiana López, especialista en nanotecnoloxía ou a astrofísica Eva Villaver que o ano pasado atendía ás alumnas do programa dende a NASA… entre outras.

 

Aquae STEM está a desenvolverse actualmente en 7 colexios de Galicia: o colexio Santa María Maristas e o Plurilingüe Luis Vives de Ourense, de Pontevedra o colexio Os Salgueiros e Santo André de Xeve e de Santiago de Compostela o colexio Vilas Alborada, o Colexio San Jorge e Casa do Neno. O programa está a impactar directamente a preto de 800 estudantes galegos de primaria, dos cales arredor de 400 son nenas.

 

Froito desta aposta espérase aumentar nun futuro próximo a presenza de estudantes femininas en carreiras STEM, ámbito no que as mulleres se atopan infrarrepresentadas; xa que a porcentaxe de mulleres matriculadas nestas titulacións é moi inferior á de homes. Desta maneira, espérase xerar un cambio cultural que promova unha maior igualdade de oportunidades e fomente a participación activa das mulleres no ámbito STEM. Só a través destas accións poderemos garantir unha representación equitativa e diversa nas carreiras do futuro.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE