'Zorra', de Nebulossa, soará no Atlantic Pride máis Eurovisivo xunto a Lucía Pérez, As Ketchup ou 'Rosa de España'

Catro confirmacións e catro exparticipantes no Festival da Canción de Eurovisión, entre elas a candidatura de España para 2024. 


|

NEBULOSSA
Nebulossa | Foto: EP

 

Con todo o orgullo do mundo, Nebulossa sairá ao escenario o próximo mes de maio en Malmö, onde se celebrará Eurovisión 2024. A proposta de España para esta edición é tan rompedora como desafiante e controvertida. Elementos que, por outra banda, caracterizan ao Atlantic Pride, outro festival ben orgulloso que regresa este verán á cidade da Coruña, onde soará a eurovisiva 'Zorra', pero tamén outros temas que xa soaron no festival continental.

 

O FESTIVAL MÁIS EUROVISIVO

Nebulossa chegará á cita coa experiencia de competir e, quen sabe si gañado, o festival da canción, onde chega despois de proclamar gañadora do Benidorm Fest 2024. Pero Nebulossa non é a única confirmación do Atlantic Pride, que se celebrará do 7 ao 14 de xullo. 

 

Por ese escenario, ademais do dúo formado por María Bas e Mark Dasousa -que actuarán o sábado 13 de xullo-, desfilarán Rosa López, talvez máis coñecida como 'Rosa de España', As Ketchup e Lucía Pérez, todas elas artistas de relumbrón e exparticipantes en Eurovisión. 

 

GFFeMcDX0AA59AA

 

Polo festival herculino, que só o ano pasado reuniu a máis de 100.000 espectadores, pasarán moitos máis artistas e bandas que se confirmarán nas próximas datas, pero poucos poden presumir de contar no seu cartel con catro representantes de España en Eurovisión: Rosa López -2002, 7ª clasificada con con 'Europe's living a celebration'-, As Ketchump -2006, 21ª clasificadas con 'Un Blodymary'- e Lucía Pérez -2011, 23ª clasificada con 'Que me quiten o bailao' e primeira galega en Eurovisión-.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE