O Revenidas cóase en dous nomeamentos dos Iberian Festival
O festival de Vilaxoán, que regresa este 2024 do 12 ao 15 de setembro, podería ser galardoado na próxima edición dos premios.
Os Iberian Festival Awards elixen cada ano aos mellores festivais da península. Só o mellor do mellor se pasea pola alfombra vermella duns galardóns que mide ao milímetro aos seus condecorados. É nesta disciplina onde o Festival Revenidas goza dunha máis que merecida fama polo seu bo facer, algo que lle abriu as portas desta entrega de premios con dous nomeamentos que sitúan a esta cita, ineludible para os festivaleros, entre as máis recoñecidas de España e Portugal.
Con 25.000 asistentes na súa pasada edición, o Reve volverá este verán, con catro días de música do 12 ao 15 de setembro. Para entón, podería lucir no seu palmarés de dúas décadas de música os premios a Mellor Festival Lusófono e Hispánico e de Mellor Fotografía de Festival.
O ano pasado, Zoo, Sara Hebe, Fillas de Cassandra ou Rodrigo Cuevas foron algúns dos atractivos dun cartel que está gardado aínda baixo chave para a súa nova edición. O asturiano é un dos protagonistas destes premios, xa que a instantánea de Christian Pérez, fotógrafo principal do Reve, pode ser a gran triunfadora da noite. Non será até o 15 de marzo que se coñeza o desenlace, cando se abran os sobres cos gañadores na VIII Edición dos Iberian Festival Awards terá lugar en Granada.
Escribe o teu comentario