Yolanda Castaño será a pregoeira da LVI Feira do Cocido de Lalín
O Premio Nacional de Poesía 2023 realizará o pregón o 4 de febreiro
O Premio Nacional de Poesía 2023, Yolanda Castaño, será a pregoeira da LVI Feira do Cocido de Lalín, que se celebrará o 4 de febreiro.
Segundo informou o Concello de Lalín, a pregoeira é poeta, filóloga, tradutora e activa e premiada xestora cultural, con case 30 anos de de traxectoria profesional.
Conta con numerosos recoñecementos entre os que se atopa o Premio da Cultura Galega das Letras, o de Galega do ano 2023 e o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.
Ademais, desde 2009 dirixe talleres de tradución poética, festivais e ciclos mensuais de poesía con autores galegos e internacionais, e ten a súa propia Residencia para Escritores na Coruña.
Tamén publicou sete poemarios individuais con edicións bilingües para os hispanofalantes, libros traducidos a unha gran cantidade de idiomas, varias antoloxías e máis de sete libros de poesía infantil, ademais doutras obras publicadas como editora, biógrafa e tradutora de poetas contemporáneos.
Así mesmo, traballou na televisión e apareceu representada en multitude de revistas, libros colectivos e antoloxías, ademais de en numerosos encontros e festivais de máis de corenta países de Europa, América, África e Asia.
Escribe o teu comentario