Entradas para o Revenidas, na lista de desexos dos Reis Meigos: á venda o próximo 2 de xaneiro

O festival pontevedrés, nomeado a oito premios dos Iberian Festival Awards, saca os seus primeiros abonos o vindeiro martes.


|

Revenidas
Foto: Revenidas

 

Soan as 12 badaladas, o mundo enteiro dá a benvida ao novo ano e os festivaleros arrincan unha folla do seu calendario. Xa queda menos. Só uns mesecitos para volver vibrar en Vilaxoán , pero apenas 24 horas para ser un dos máis rápidos á hora de comprar as entradas da próxima edición do Festival Revenidas, que porá á venda os primeiros abonos do evento a principios de 2024.

 

No Reve non queren perder nin un segundo e ofrecen aos seus fans a posibilidade de pedirlle aos Reis Meigos unhas entradas para un dos grandes festivais do verán en Galicia e referencia no norte peninsular. O próximo 2 de xaneiro saen á venda os primeiros abonos para os catro días de música que programou a organización, do 12 ao 15 de setembro.

 

Aínda se gardan baixo a manga o cartel dunha cita que, como cada ano, promete traer a beiras da ría de Arousa ao mejorcito do panorama internacional, nacional e do país, con aspectos como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas no centro da confección do cartel. Por ese concienzudo traballo, o festival pontevedrés coouse en até oito categorías dos Iberian Festival Awards, que se entregarán o próximo 15 de marzo en Granada.
 

 

Ademais, e como non podía ser doutra forma, este ano haberá outras moitas actividades máis aló da música na chaira do porto e o parque de Dona Concha, xa que as actividades paralelas que acompañan a esta festa serán outro gran aliciente, coa sardiñada tradicional, o concerto a bordo ou a Gala de Circo Solidaria. Melchor, Gaspar e Baltasar xa están na cola virtual para pillar unhas entradas. O Reve é un agasallo.  

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE