Cartel Río Verbena Fest 2024: Amaral, Baiuca, Os Zigarros, Viva Suecia, Siloé, Vicco...

A III Edición do festival pontevedrés se celebrarará do 23 ao 24 de agosto na Chaira do Recinto Feiral. 


|

Los zigarros
Os Zigarros | Foto: EP

 

O Río Verbena Fest, a pesar da súa insultante mocidade, é xa un evento consolidado no universo festivalero. En só tres anos converteuse nunha das citas do verán galego e para este 2024 proxectan unha programación en grao sumo rica para satisfacer a todos os oidos. A Chaira Exterior do Recinto Feiral de Pontevedra será unha vez máis o punto de encontro para gozar da mellor música a beiras do Lérez.

 

Nas primeiras confirmacións do festival, que xa ten as súas entradas á venda na súa web, destacan nomes da primeira plana do pop e o indie nacional. Amaral, Lori Meyers ou Os Zigarros son algúns das cabezas de cartel, ben flanqueados por Viva Suecia, Baiuca, Sarria, Vicco ou Siloé.  

 

Unnamed (53)

 

Só en 2023 foron 20 artistas arroupáronos aos miles de asistentes que se achegaron á II Edición deste festival que se define como unha iniciativa para acoller a unha "amálgama de artistas talentosos". 

 

"A diversidade musical e a participación fervente do público converxeron para crear unha experiencia inesquecible. Este evento, marcado pola súa mestura única de variedade e calidez, xunto á súa cómoda localización, logrou superar expectativas nas súas anteriores edicións e contribuír a consolidar Pontevedra como un destino imperdible no calendario musical", celebran. Van de cabeza a por a terceira e, sen coñecer a totalidade do cartel, a carne que colocaron no asador é de primeira calidade.  

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE