O Festival PortAmérica fulmina en cuestión de horas a súa última quenda de abonos e promete máis sorpresas
O festival, referencia tanto pola súa proposta musical como gastronómica, prepara para 2024 a que será a súa edición máis grande.
Foi un visto e non visto. Esta semana abriuse a xanela para a compra da primeira remesa de abonos do Festival PortAmérica e, en cuestión dunhas poucas horas, a organización colgou o 'Non hai billetes'. Os incondicionais do festival non necesitaron máis para demostrar a súa fidelidade a un evento que o ano que vén contará con artista da talla de Aitana, Rodrigo Cuevas, Arde Bogotá, Shinova ou Xoel Lópel sobre o escenario e con mestres da cociña nos seus fogóns.
Dos chefs que comporán o cartel aínda non se sabe moito, aínda que si se confirmaron nomes como Javi Oleiros, Luís Lera ou Begoña Rodrigo pero no PortAmérica xa anunciaron que hai que estar moi atentos a todos os comunicados que vaian saíndo nos próximos días, onde se darán a coñecer máis detalles da que será a súa edición máis ambiciosa.
Con esta noticia, e á vista do ritmo de venda, para a próxima quenda de entradas haberá que ser moi rápido porque ás que saíron hoxe con rumbo a todos os recunchos da xeografía nacional hai que sumar a aqueles que se fixeron co 'Abono Crentes', que estiveron só dous horitas dispoñibles antes de esgotar tamén. A afluencia na Azucareira de Portas os días 4, 5 e 6 de xullo de 2024 promete ser memorable.

O entusiasmo do público é consecuencia directa non só do gran cartel que deixou entrever Esmertarte Industrias Creativas, detrás da organización do festival, senón tamén do percorrido que ten un evento que conquistou, de novo, os Premios FEST co galardón á Sustentabilidade Social, que acompaña na vitrina aos cultivados nas categorías de Mellor Zona de Restauración (tres títulos neste apartado), Mellor Festival de Mediano Formato, Mellor Campaña de Comunicación e Mellor Activación de Marca. Tamén os Premios Paraugas tiveron no PortAmérica un dos nomes propios da gala, de onde saíron co título a Mellor Festival do país. Con semellantes precedentes, normal que ninguén se queira perder o que vai pasar o ano que vén.
Escribe o teu comentario