Porqué deben ir ver Io Capitano, unha das xoias deste Cineuropa

#Facer un favor, vaian ver Io Capitano (Eu Capitán), axudaralles a comprender até que punto a campaña antiinmigración que está a alentar a ultradereita españolista é cruel. Iso si, non vaian vela se o que agardan ou necesitan é unha tarde de desconexión e entretemento, que tamén é algo moi lexítimo. 


|

Fotograma de Yo Capitan Io Capitano en una imagen de su distribuidora
Fotograma de Eu Capitan Io Capitano nunha imaxe da súa distribuidora

 

Se o que buscan é entretemento, afórrenselle a entrada, non porque o filme careza de valores cinematográficos -que os ten e en abundancia, como mostra o León de Prata que gañou o director Matteo Garrone en Venecia-  senón porque a historia que relata, a pesar de ser previsible, é tan dura que a moitos lles resultará difícil de dixerir. Ás veces, manter a mirada na pantalla é arduo. Algo que é un mérito do fime, non unha crítica.
 

Io Capitán é unha road movie na que o personaxe vai transformádose a medida que supera etapas no seu periplo, pero sobre todo unha historia de ambición, amizade e resistencia de dous adolescentes, Seydou e Moussa. Virtudes que, lembremos, posúen moitos dos subsaharianos que a miúdo ignoramos nas nosas rúas.
 

A pesar da súa dureza, o guión é realista e non abusa do dramatismo fácil. Á fin e ao cabo, os protagonistas son uns rapaces de 16 anos e as nais con nenos pequenos coas que comparten odisea son personaxes secundarios. Ben puidese ser perfectamente ao revés porque, como todos sabemos, centenares de nenos morren cada ano no deserto ou afogados.

 

Haberá incluso quen acuse á película de ser branda e inxusta porque cae na mesma miopía que promoven os racistas europeos. Así, as mafias son as protagonistas da maldade e non a cínica Unión Europea, incapaz de tomar medidas do calibre necesario para acabar con esta masacre de inocentes. 
 

“España cristiá e non musulmá!”, gritan os neonazis españois estes días nas rúas.  “Alá é Grande!”, corean os emigrantes nun dos seus momentos de desesperación. Probablemente, ambos os grupos están equivocados. Nin España é xa maioritariamente católica nin ninguén demostrou xamais a grandeza de Deus. Ambas son proclamas de fe, irracionais e destinadas a chocar. Algo no que a película non profunda, só suxire de pasada.

 

 

 

Polo demais, a obra carece de defectos relevantes. A narración e o guion son sólidos e  a interpretación do protagonista, Seydou Sarr, maxistral. 

 

 

 

Vayánla ver e, se poden, recoméndenlla  aos alcaldes de Sanxenxo, Sobrado e a todos aqueles que pon pegas ao socorro que merecen estes seres humanos. Están a tempo, tras a súa estrea onte no Cineuropa, volverase a proxectar mañá luns a partir das 13 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Ademais, dado ao seu éxito, está previsto a súa estrea en salas comerciais en España como Eu, capítán, a principios de 2024.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE