A galega Yoly Saa, entre os aspirantes para o Benidorm Fest 2024

As cancións daranse a coñecer o próximo 14 de decembro


|

Evento: Yoly Saa | Cultura de Galicia
Arquivo - Yoly Saa - Foto: cultura.gal

RVTE deu a coñecer este sábado aos 16 aspirantes que se presentarán ao Benidorm Fest 2024, a preselección que se celebrará na cidade alacantina entre o 31 de xaneiro e o 2 de febreiro do próximo ano para elixir ao representante español do Festival de Eurovisión.

 

Entre os anunciados atópanse os cantantes en solitario Almácor, Angy Fernández, Dellacruz, Jorge González, María Peláe, Noan, Quique Niza, Roger Padrós, Sofía Coll, st. Pedro e Yoly Saa. Tamén se seleccionaron grupos como Lérica, Mantra, Marlena, Miss Caffeina e Nebulossa.

 

Os nomes dos aspirantes para a terceira edición do certame anunciáronse nunha gala no Teatro Alameda de Sevilla, no marco dos Latin Grammy que se desenvolven na capital andaluza este ano.

 

A directora de Comunicación e Participación de RTVE, María Eizaguirre, presentou a cita, na que tamén se informou de que as cancións cadidatas daranse a coñecer o próximo 14 de decembro.

 

Así mesmo, sinalouse que o Benidorm Fest arrincará o 31 de xaneiro coa primeira semifinal, para continuar así o 1 de febreiro coa segunda e, finalmente, o 3 de febreiro coa gran final na que se decidirá a candidatura que representará a España en Eurovisión 2024 na cidade sueca de Malmö.

As entradas para a primeira semifinal poderanse adquirir a partir o próximo 4 de decembro, mentres as da segunda sairán á venda o día 11 do mesmo mes e as da gran final o día 18.

Todas elas poderanse comprar a través dunha nova tenda oficial que o Benidorm Fest porá en marcha.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE