O PortAmérica 2024 celebrarase os días 4, 5 e 6 de xullo
Os artistas e chefs internacionais que participarán no festival aínda están por confirmar
O Festival PortAmérica, que reúne música, gastronomía e comunidade, celebrarase na Azucrerira de Portas, en Caldas de Reis, os días 4, 5 e 6 de xullo. Os artistas e chefs internacionais que participarán no festival aínda están por confirmar.
Na súa pasada edición, o festival bateu a súa marca e reuniu a máis de 40.000 persoas, quen ocuparon ao completo os hoteis de Caldas de Reis e dos arredores.
SUSTENTABILIDADE
O equipo do festival desenvolverá, para este xoves 16, unha recollida de residuos no Encoro do Río Umia impulsada por Coca Cola. As persoas interesadas en ser partícipes desta actividade poderán inscribir esta próxima semana.
A última edición do PortAmérica tivo entre os seus objectivos conseguir unha economía circular e conservar o medio natural próximo, motivos polos que se lle concedeu recentemente o Premio Fest 2023 na iniciativa de Sustentabilidade Social.
Escribe o teu comentario