A Federación Europea Clubs de Prensa referenda en Santiago que Galicia a presida este ano e aproban a candidatura maltesa para 2024-2025

De face ao período 2024-2025, a presidencia pasará a mans de Malta, como foi acordado por unanimidade este venres entre todos os membros presentes na Asemblea


|

 DSC0388
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Mònica Viñas (Catalunya), David Sobrino Platas (Galicia), Manuel Torrente (Galicia), Matthew Xuereb (Malta), Camila Riquelme (Galicia), Martyn Bond (Londres), Pastor Lorenzo (Galicia), Xulia Campo (Galicia), Luís Menéndez (Galicia), Juliane Hielscher (Berlín) e Laurent Brihay (Bruxelas) / Foto: CiPG

Os presidentes dos clubs de prensa de Londres, Martyn Bond; de Berlín, Juliane Hielscher; e de Bruxelas, Laurent Brihay, como representantes da Federación Europea de Clubs de Prensa, debateron este venres en Santiago, na sede do Centro Internacional de Prensa de Galicia, sobre os desafíos sociopolíticos e xornalísticos no mundo globalizado.

 

No debate interveu tamén o directo xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Euroea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, que destacou o papel do xornalismo independente nos sistemas democráticos, "especialmente nun contexto internacional no que as novas tecnoloxías facilitan a proliferación de desinfomración e noticias falsas, ameazando a estabilidade das sociedades".

 

Gamallo destacou tamén as iniciativas que se desenvolven desde a Unión Europea e desde o Goberno galego para responder a estes retos.

"É vital empoderar ás nosas comunidades fronte ás ameazas da desinformación. Para iso, as administracións públicas deben cooperar entre elas e adaptar aos novos retos, pero tamén facer partícipe á sociedade civil, especialmente ao sector do xornalismo, que debe ser autónomo e resiliente", defendeu.

 

Despois da inauguración da xornada os membros da EPCF foron recibidos no edificio do Concello de Santiago pola Corporación Municipal, presidida pola alcaldesa da cidade compostelá, Goretti Sanmartín.

 

PRESIDENCIA DA FEDERACIÓN

Segundo indicou o Centro Internacional de Prensa de Galicia, que foi anfitrión nesta ocasión deste encontro profesional, a presidencia da Federación Europea de Clubs de Prensa pasará a Galicia durante o período 2023-2024 despois de que o ano anterior fose de Londres, onde se celebrou a anterior Asemblea Anual.

 

De face ao período 2024-2025, a presidencia pasará a mans de Malta, como foi acordado por unanimidade este venres entre todos os membros presentes na Asemblea. Desta maneira, a próxima Asemblea terá lugar na Valeta, capital de Malta.

Imagen de WhatsApp 2023 11 10 a las 16.30.13 eea5315b
Arquivo - Reunión da Federación Europea de Clubs de Prensa / Foto: CiPG
FEDERACIÓN EUROPEA DE CLUBS DE PRENSA

Desde a súa fundación en 1989, a Federación Europea de Clubs de Prensa dedícase a promover a coordinación entre clubs de prensa de distintos países europeos, organismos independentes e consultivos que aglutinan profesionais da comunicación.

O seu obxectivo é favorecer o intercambio de experiencias e informacións, así como pór ao servizo dos xornalistas medios que faciliten o seu labor.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE