Países Baixos gana o Eurovisión da IA celebrado na Coruña, con Galicia en terceiro posto

A gala, celebrada na Coruña, arrinca con polémica pola renuncia dos seus presentadores ante a "negativa expresa a asinar un contrato" por parte da organización


|

Grupo neerlandés Synthetic Beat Brigade, ganadores del AI Song Contest 2023.
O grupo neerlandés Synthetic Beat Brigade, coa canción 'How would you touch me?', foi o vencedor da AI Song Contest 2023, coñecido como a Eurovisión mundial das Intelixencias Artificial. Obtivo un total de 20,5 puntos tras a votación combinada do xurado e o público.

 

A proposta gañadora empregou diferentes tecnoloxías de intelixencia artificial para xerar tanto a música como a letra a partir dunha análise de todas as cancións que competiron en Eurovisión entre 2010 e 2019. A canción versa sobre un amor inalcanzable entre unha intelixencia artificial e un ser humano.

 

Na gala, celebrada na noite do sábado desde A Coruña, a proposta galega 'Florespiña', de PAMP! e Ana Kiro, cantante galega 'revivida' grazas á tecnoloxía, que quedou de terceira con 18,9 puntos. A pesar de ser a menos votada por xurar, foi a favorita do público.

 

En segundo lugar quedou 'Brandschleifer', a proposta de Alemaña, de Dadabots, con 19,3 puntos. En total, participaron 10 candidaturas de Alemaña, Canadá, España, Galicia, Estados Unidos, India, Países Baixos, Portugal, Reino Unido e Suecia.
 

A POLÉMICA DOS PRESENTADORES

O evento non estivo exento de polémica, pois a gala ía ser presentada pola actriz Neves Rodríguez e os xornalistas Ricardo Saavedra e Belén Rivero, que renunciaron a partipar pola "negativa expresa a asinar un contrato de traballo" por parte da organización, segundo un comunicado que compartiron a través das súas redes sociais.

"Por respecto ao noso propio traballo e ao sector profesional ao que pertencemos, o equipo de dirección e os presentadores que iamos formar parte da gala #AI Song Contest decidimos desvincularnos dese proxecto", sinalan nun texto no que tamén agradecen aos patrocinadores públicos e privados deste evento, "seguramente desconocedores desta situación".
 

A pesar diso, a gala celebrouse en inglés, castelán e galego con tres presentadores alternativos e contou cunha actuación de apertura do grupo de música tradicional galega Xacarandaina.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE