A Mesa participa en Bilbao nunha marcha en defensa das linguas cooficiais
A plataforma desprázase até Euskadi este fin de semana para formar parte na manifestación en defensa do eúscaro.
O último informe da Liña do Galego presentado pola Mesa pola Normalización Lingüística deixa moi ás claras as dificultades que atopan aínda hoxe as gallegohablantes para poder vivir 24 horas ao día na súa lingua. É un exemplo da situación na que se atopan o conxunto das linguas cooficiais en España nun momento de forte debate sobre si deben utilizar en ámbitos e institucións como o Congreso dos Deputados.
Por iso, desde A Mesa desprazáronse a Bilbao onde este fin se semana celebrarase unha manifestación ás 17 horas baixo a lema ‘Fronte á ofensiva, si ao eúscaro’ (Oldarraldiaren aurrea. Euskararekin bat. Euskarari bai). Marcos Maceira, presidente da plataforma, participou esta mañá na rolda de prensa xunto a outras entidades en defensa das linguas minorizadas e para rubricar a adhesión da Mesa á protesta deste sábado.
Maceira fixo fincapé en que a protesta reivindica as linguas minorizadas do Estado, fronte aos ataques asestados polas institucións chamadas a defendelas. "A tendencia de frear por vía xudicial conquistas democráticas ao respecto da lingua é xeneralizada no Estado español", criticou sobre as “reaccións contrarias” que se dan tras “cada avance”.
Nesa liña, Maceira puxo sobre a mesa algúns datos, como o feito de que “o poder xudicial só emprega o galego nun 0,8% dos seus expedientes e non actúa contra as máis de 500 disposición legais que garanten a presenza absoluta do español e sitúan o galego en situación de inferioridade". Nunha situación similar atópanse no País Vasco, onde contarán co apoio este sábado da Mesa e Euskalgintzaren Kontseilua, Plataforma per a Llengua, Òmnium Cultural, Acció Cultural do País Valencià, Obra Cultural Balear, Escola Valenciana, Xunta pola Defensa da Llingua Asturiana e Iniciativa pol Asturianu.
Escribe o teu comentario