O Galeón Andalucía atraca na Coruña e permanecerá até o domingo aberto ao público

A nave poderá visitar con entrada en horario de 10 horas a 19 horas desde este venres 27 de outubro e até o domingo 29 de outubro. 


|

Foto Galeon (2)
Foto Galeon

 

Vento en popa e a toda vela diríxese o Galeón Andalucía ao peirao de Calvo Sotelo da Coruña, onde permanecerá amarrado desde este venres 27 e até o próximo 29 de outubro. A embarcación, aberta para a visita do público, chega á cidade herculina coas súas 55 metros de eslora, seis cubertas, sete velas con case mil metros cadrados de superficie e construído conm madeira de iroko e piñeiro. 

 

Trátase dunha réplica única construída cun coidadoso rigor histórico e á que poderá acceder o público durante o tempo que permaneza atracado na Coruña para descubrir "como era a vida a bordo e a súa propia historia". Ademais, a propia tripulación da nave contará a súa experiencia a bordo deste galeón que xa percorreu máis de 55.000 millas náuticas e visitado Shanghái, Singapura, Hong Kong, Manila, Nova York ou Quebec. 

 

Foto Galeon (1)
Foto Galeon

 

Neste 2023, ademais dos portos de España, visitou localidades de Alemaña, Reino Unido, Países Baixos e Francia, "difundindo en todos eles o noso patrimonio marítimo e como foron estes míticos navíos españois que durante tres séculos uniron os grandes continentes do planeta".  

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE