Tanxugueiras, preto de facer historia co seu fin de xira no Coliseum da Coruña

Parece incrible, pero xamais un grupo que canta en galego atreveuse a organizar un concerto no pavillón herculino, un dos recintos cubertos con máis capacidade de Galicia, inagurado en 1991e cun máximo de 11.000 localidades. As pandereteiras de Teo tentarano no seu fin de xira, anunciado para xusto antes de Nadal. As primeiras entradas xa están á venda e hai descontos especiais. Por agora, a resposta está a ser espectacular.


|

O grupo asegura que conseguiu vender máis da metade das entradas para o recinto coruñés en menos de tres horas. Cualifícano de "incrible".

 

Archivo - Tanxugueiras en un concierto
Arquivo - Tanxugueiras nun concerto

Tanxugueiras é o trío galego de música tradicional que logrou revolucionar o folk e o pop galego nos últimos anos, sobre todo desde o seu éxito no Benidorm Fest. As súas cancións, que mesturan elementos tradicionais con ritmos urbanos, cautivaron a un público amplo, tanto en Galicia como no resto de España e Europa. 

 

 

O grupo logrou que a música tradicional galega sexa máis popular e que a lingua galega empece a non ser marxinal nalgunhas radioformulas. Un éxito sen dúbida histórico ao que agora pretenden unir outro, encher o Coliseum da Coruña nun concerto o sábado 16 de decembro.

 

Despois de dous anos intensos e máis de 100 actuacións en todo o Vello Continente, chega o que as cantantes chaman "o último diluvio", en referencia a Diluvio, o seu último e popular disco. 

 

Un verdadeiro temporal de música na que Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro non estarán soas. Resgardaranas, entre outros,  Rayden, Rozalén, Guadi Galego ou Valeria Castro, artistas que xa confirmaron a súa presenza. 

 

Animamos a todos os nosos fans a que veñan ao que será o concerto máis significativo que daremos até a data . É emocionante saber que tantos grandes artistas aos que consideramos amigos vanse a unir para celebrar a música como unha linguaxe universal. Para nós, máis que nunca, non hai fronteiras

 

As entradas para o público xeral están dispoñibles desde este venres 1 de setembro través da web oficial das Tanxugueiras. O ritmo de venda, segundo a organización, está a ser moi alto, con máis do 50 por cento esgotado en cuestión de horas.

 

 

 

Ademais, como mostra de agradecemento ás raíces e asociacións de música tradicional galega que influíron na súa música, o combo ofrece unha preventa especial cun 10% de desconto para máis de 500 asociacións.

 

Tanxugueiras
Tanxugueiras

 

Esta preventa especial estará activa até o 3 de setembro. As asociacións interesadas poden pór en contacto co promotor PlayPlan para obter o código de desconto.

 

Antes da data herculina, Tanxugueiras ten confirmadas actuacións este outono inverno en Valladolid, Madrid, Vilaxoán -no Resesas- e Pamplona, no Festival emmusikadas 2023

 

 

 

Tanxugueiras
Tanxugueiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE