Últimas confirmacións do Festival Revenidas: Mondra, Tremenda Jauría, The Rapants, Familia Caamagno, HYDN…

O festival avanza outra selección dos artistas que actuarán na edición de 2023 e reafirma a súa aposta polos grupos locais.


|

WhatsApp Image 2023 06 22 at 13.56.18
HYDN, Tremenda Jauría, Xosé Lois Romeu e Alboria e Mondra 

 

Galicia, Galicia, Galicia. Un slogan moi manido pero que perfectamente se podería aplicar ao Revenidas, un festival que ten no seu ADN a música da comunidade, á que impulsa en cada edición que celebra. Unha boa mostra desta proposta é o último listado de confirmacións, onde os grupos do país teñen un peso máis que significativo nun cartel xa de seu moi galego.

 

Do 7 ao 10 de setembro, Vilaxoán volverá vibrar co mellor do panorama musical. Ska-PZoo, Os Chikos do MilloRodrigo CuevasDesakatoSara Hebe…son moitas as bandas que non se queren perder un dos festivais referencia do verán en Galicia. No entanto, o Reve destaca polo seu compromiso con bandas locais, tanto consolidadas, como Heredeiros  Crus ou Dakidarría, como emerxentes, como Fillas de Cassandra.
 

Non é, nin moito menos, unha selección que vaia a piñón fixo, xa que na variedade está o gusto, e a beiras da ría de Arousa vanse a dar cita a música electrónica, o rap, o punk, o folk, o ska…unha mestura de estilos que fan deste festival unha ocasión única para descubrir novas tendencias e ritmos. 
 

 

No saco das últimas confirmacións -que non as definitivas, xa que o festival anuncia que aínda garda algún ás na manga, xunto coas actividades paralelas-, desde a organización avanzan tamén que será o vindeiro xoves 29 de xuño cando se coñeza a distribución por días, con catro días de festa para dar a benvida ao último mes do verán. 
 

CONFIRMACIÓNS

Este xoves foi as quendas para as confirmacións de Tremenda Jauría, unha banda coa que a palabra ‘ecléctico’ cobra sentido, Nativa, formación herdeira da lendaria A Raíz con dri Faus, Xavi Banyuls, Edu Soldevila, Sen-K García e Xullo Maloa, The Rapants, unha das grandes revolucións da música galega neste 2023, Xosé Lois Romeu e Alboria, un dos responsables de abrir a senda pola que transitan hoxe moitas bandas coa súa base na música tradicional, Sheila Patricia, que trae a Vilaxoán unha fusión de estilos do outro lado do Atlántico, Mondra, o cantareiro e bailador que está a debuxar unha traxectoria meteórica a pesar de que o seu primeiro disco non sairá ao mercado até setembro, ou Familia Caamagno, que pon sobre o escenario ‘Ou mundo está derrotado’ con todo o seu humor característico. 

 

FzODvSkXgAIdTlH

 

A maiores, o cartel incorpora a Zetak , un proxecto de música electrónica en eúscaro que está a romper moldes a nivel internacional, HYDN, gañadora do concurso ‘Sons Mans’ e unha das favoritas dos Eurofans para coar na carreira por Eurovisión este ano, A Regadera, banda de ska-fusión que está a chamar a atención de toda a industria, Uxia Lambona e a Banda Molona, unha transformadora de clásicos galegos cun toque propio e apto para todos os públicos, ou as sesións de DJ Kris, residente da archiconocida Duendeneta, e A Yaya DJ, que trae desde a veciña Vilagarcía de Arousa os temas máis bailongos. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE