Sen Senra únese a Deluxe como segunda confirmación do ciclo Noites do Porto 2023
O segundo nome que confirma o evento coruñés reivindica unha vez máis a calidade artística de Galicia.
Van só dous nomes, pero que dous nomes. Deluxe volve aos escenarios no ciclo Noites do Porto. Este 2023 será o do regreso á cidade herculina da histórica banda encabezada por Xoel López, pero non estará só. A este primeiro concerto confirmado para o 22 de setembro súmase unha segunda data no que é o inicio dun importante goteo de nomes ligados a este evento que xa se destapou como unha das citas musicais máis importantes de Galicia.
Afeitos ir ao porto coruñés en outubro, para este III Edición a organización decidiu non facer esperar aos fans e adianta as datas a setembro. É o caso de Sen Senra, segunda confirmación do ciclo, que sairá a escena o próximo 23 de setembro no peirao de Batería. Trátase, ademais, do único concerto que ofrecerá na comunidade este verán e será xusto para pechar a tempada estival.
VENDA DE ENTRADAS
As entradas para Sen Senra, que presentará na Coruña o seu novo traballo, 'PO2054AZ Vol.I.', definido como "a viaxe máis emocional e impactante do artista, oriúndo de San Miguel de Presqueiras". O artista galego reafirma así a aposta do festival non só polo mellor do panorama nacional e internacional, senón tamén pola música do país.

"Os seus case dous millóns de oíntes ao mes en Spotify, as súas aplaudidas colaboracións con Feid, C. Boureo ou Julieta Venegas, ou a autoría de hits como 'Xa non che fago falta' (Sensacións, 2019), ofrecen unha boa mostra do talento do artista galego", agregan desde a organización da cita, que lembra que coa súa fichaxe únese á parede de ilustres que xa pasaron pola porta marítima da Coruña, como Bad Gyal, Jorge Drexler, Fernandocosta, The Gulps ou Califato 3/4.
Escribe o teu comentario