Cartel de O Son do Camiño 2023: Aitana, Bizarrap, Maluma, Duki, Vetusta Morla, Xoel López, Viva Suecia...

O festival compostelán regresa no seu IV Edición cun cartel que incorpora o mellor do panorama nacional e internacional.


|

Concierto O Son do Camiño
Concerto O Son do Camiño

 

Un ano máis, o cartel do festival O Son do Camiño non deixou indiferente a ninguén. Os fans, aqueles 30.000 "fieis" que teñen a súa entrada para un dos grandes festivais do verán en España e en Europa, agardaban con impaciencia desde hai semanas a publicación dos primeiros artistas confirmados polo festival compostelán, que se define polo seu estilo ecléptico, pola mestura xeneracional e por unha aposta decidida polas voces do país e os grupos locais.

 

Para este 2023, e despois do éxito de público da pasada edición -a terceira ás súas costas- que os situou entre os dez festivais máis multitudinarios a nivel nacional, desde Esmerarte e Bring the Noise, promotoras desta gran cita na capital galega, decidiron botar o resto e traer todo o máis nutrido do panorama nacional e internacional nunha única confirmación, sen confirmar o cartel en varias quendas, con grupos de primerisimo orde e artistas que están na fala da xente, con Bizarrap e Aitana á cabeza das confirmacións.

 

 

Tanto a de San Clemente de Llobregat, cuxos temas arrasan nas listas de venda, como o produtor arxentino, o Rei Midas da música capaz de reunir no seu estudo ás mellores voces do trap, o pop ou o estilo que se decida a explorar, son as grandes apostas do Son, pero tamén os grupos internacionais como os británicos Kaiser Chiefs e Alt-J, o sueco Alesso, os bonaerenses Wos, Trono e Duki (que repite) ou os neerlandeses Wolfmother e Royal Blood

 

De aquí, ou con compoñentes galegos, atopamos a Xoel López, Xenebras, Dani, Sila Lua, The Rapants ou Fillas de Cassandra, artistas cunha grandísima proxección e que confirman a súa fascinante traxectoria co seu ingreso nos escenarios do Monte do Gozo. Eladio Carrión, Tokischa, Steve Angello, Moura, The Hooks, Viva Suecia ou Leiva son outros dos grandes nomes desta edición

 

 

 

Ademais, para este 2023 incorporan o escenario de Sesións do Camiño, cos mellores DJs detrás da mesa de mesturas, como a viguesa de raíces cubanas Toccororo ou Groove Amigos, composto por Pau D'Afonso, natural das Neves, e André Vázquez, veciño do Porriño.

 

As entradas para o festival serán postas á venda mañá, 31 de marzo, a partir das 12:30 horas. Serán os últimos abonos á venda ata que comece a venda de entradas de día. O verán está  á volta da esquina, e empeza coa mellor música. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE