Descobre os mellores plans para este fin de semana en Galicia

Concertos, obras de teatro, exposicións e todos os plans culturais para este sábado e domingo en Galicia


|

 kiss experience
Cartel do espectáculo Kiss Experience / Foto: Ataquilla.com

Kiss Experience: Chega a Vigo un show destinado a toda a familia. Kiss Experience está cheo de diversión, paixón, entrega e grandísimas cancións de todos os tempos, revivindo en show da banda neoiorquina KISS, coa súa posta en escena, o seu espectáculo e o seu vestiario. As entradas para este espectáculo, que terá lugar o domingo ás 12:00 horas na Sala MasterClub de Vigo, teñen un prezo de 14 euros, á venda a través da plataforma Ataquilla.com.

 

Levitants: Lugo tráenos este sábado a partir das 22:00 horas un concerto de rock e post punk. Trátase dos valisoletanos Levitants, que presentarán no club Clavicémbalo novas cancións gravadas durante a pandemia. As entradas a este espectáculo poden comprar pola web de Regalamusica e teñen un prezo de 12 euros máis gastos de xestión.

 

Shakespeare en Roma: Durante este mes e até o 2 de abril poderemos gozar en Santiago do espectáculo teatral titulado Shakespeare en Roma, unha oportunidade para poder unir tres épocas: o presente, a Roma clásica e o período Isabelino a partir dos textos do coñecido escritor inglés. A representación dura aproximadamente 140 minutos e pode ver no Salón Nobre de Fonseca por un prezo de 6 euros.

 

Testemuño do invisible: Poderemos repasar a traxectoria artística de Manuel Ayaso, un dos pintores de referencia en Galicia nas últimas décadas, na Sala de Exposicións do Palacio Municipal da Coruña. Esta exposición está formada por 84 pezas do autor ribeirense, que nos permite facer un percorrido polas súas diferentes etapas e estilos pictóricos.

 

Plástica castrexa: A cultura castrexa abarca un período de case un milenio, desde a Idade de Bronce até a plena implantación do Imperio Romano, no século II. Esta pode ser a ocasión de coñecela máis de cerca, pois o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense achéganos unha exposición sobre estas artes plásticas na sala Afundación da Praza Maior da cidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE