"Unha operación a corazón aberto" logra salvar o baldaquino da Catedral de Santiago
O baldaquino é unha construción de madeira que rodea tradicionalmente os altares e que se usaba como soporte de cortinas que impedían aos fregueses observar directamente as cerimonias máis sacras durante lamisa pois esa era a liturxia tradicional na igrexa católica.
A restauración do baldaquino de Santiago de Compostela, onde se sitúa a famosa imaxe do Apóstolo Santiago e que mostraba unha deformación visible na súa estrutura de madeira, realizouse en apenas dúas semanas co traballo colaborativo de CIS-Madeira e o arquitecto Mikel Landa Esparza, que cualificou esta reforma como "unha operación a corazón aberto".
Este venres, o arquitecto Mikel Landa e a enxeñeira de CIS-Madeira, Azahara Soilán, mantiveron un encontro co conselleiro do Medio Rural, José González, na Catedral, onde lle explicaron e mostrado de cerca os detalles desta rehabilitación.
Dspués da visita ao templo, as autoridades e os tecnólogos protagonistas da restauración déronse cita nun acto de presentación destas "intervencións en madeira da Catedral". Alí explicaron de forma extensa as particularidades técnicas da restauración.
González destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e a Fundación da Catedral de Santiago en materia de investigación e análise para reparar todo aquel patrimonio estrutural en madeira existente no templo.
En particular, as actuacións realizadas han posibilitado restaurar o baldaquino, na capela maior, así como os xugos de carballo das campás A Maior e A Curmá Salomé. Antes, actuaron tamén nas capelas absidais da cabeceira do templo, con madeira de castiñeiro, e a da cuberta de madeira de carballo de Santa María A Antiga da capela da Corticela.
REPARACIÓN DO BALDAQUINO
O arquitecto vasco Mikel Landa relatou a complexidade desta reforma debido ás "grandes pretensións" dos construtores do baldaquino no seu momento, que, "ao querer imitar o de Roma", ocuparon o espazo horizontal da nave cun peso que co paso do tempo ha deformado os pórticos, causando unha baixada do artesonado de 11 centímetros.
O equipo de CIS-Madeira, liderado por Azahara Soilán, observara esta deformación no elemento do templo durante a "extensa análise" que fixeron das catro vigas que suxeitan o baldaquino.
Ao observar o problema, recorreron a Landa, "experto en materia de restauración do patrimonio", que, despois dun escaneo láser e un "primeiro apeo provisional", realizou unha "rápida intervención" en dúas semanas para outorgar estabilidade ao baldaquino e asegurar o seu perdurabilidad, intervecnión que definiu como "unha operación a corazón aberto".
Este "pequeno descenso do artesonado" solucionouse, segundo o arquitecto, coa reparación das dúas vigas que causaban o problema mediante un enxerto de madeira de castiñeiro da mesma antigüidade que a da peza orixinal.
Landa destacou que outra das patoloxías construtivas importantes que atoparon durante a análise foi a gran deterioración da madeira que conformaba as columnas salomónicas que serven de sujección do fornelo.
As causas desta deterioración, a maiores das filtracións de auga, foron os xilofagos, insectos que se alimentan de madeira, e, sobre todo, a calidade orixinal desta.
MONTE GALEGO, UNHA "CAIXA DE AFORROS" DO RURAL
Neste sentido, o conselleiro valorou o traballo da Xunta para situar a madeira no centro das polítcas de "compra verde responsable", cun Plan Forestal que, segundo afirmou, supón un valioso instrumento para avanzar no papel da "silvicultura activa e da produción de madeira de calidade".
González tamén valorou a riqueza que representa a produción de madeira na comunidade, e definiu o monte galego como a "verdadeira caixa de aforros do rural", ao tempo asegurou que o achegue conómico que achega o sector forestal está a bater "marcas históricas".
Así mesmo, tamén quixo agradecer o traballo do equipo de CIS-Madeira conxuntamente co arquitecto vasco para solucionar o baldaquino, peza con gran importancia, "tanto desde o punto de vista arquitectónico como desde as solucións construtivas".
Escribe o teu comentario