Falece a escritora brasileira Nélida Piñón

Foi membro de honra da Real Academia Galega e primeira muller honoris causa pola USC


|

20220928 RAG (11)
Arquivo - Nélida Piñón na RAG / Foto: Real Academia Galega

Na tarde deste pasado sábado en Lisboa falecía a escritora brasileira Nélida Piñón, membro de honra da Real Academia Galega e primeira muller en ser nomeada honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dunha das máis grandes figuras das letras brasileiras contemporáneas. Naceu en Rio de Janeiro en 1937, filla de pais galegos, procedentes de Cotobade e Carballedo.

 

Licenciada en Xornalismo , formouse na Facultade de Filosofía da Pontificia Universidade Católica do Rio de Janeiro. A súa obra literaria foi recoñecida con numerosos premios, galardóns e distincións en países Latinoamericanos, ademais de en Galicia , España, Francia e Portugal.

 

A súa xenerosidade intelectual con Galicia foi unha constante ao longo da súa vida, en palabras do académico Ramón Villares, na resposta ao seu discurso de ingreso na #RAG no ano 2014.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE