A Coruña: punto de partida da xira de presentación do novo disco de SÉS

Trátase do oitavo traballo nos once anos de carreira de María Xosé Silvar


|

Sés
Arquivo - SÉS comezará no Palacio da Ópera da Coruña a súa nova xira para presentar o seu disco 'Diante un eco'

O Palacio da Ópera da Coruña acollerá este sábado o inicio da xira na que SÉS presentará o seu novo disco, 'Diante un Eco'. O concerto terá lugar ás 20:30 horas e a cantante galega mostrará a súa nel o seu oitavo traballo, despois de once anos de carreira, no que evidencia a súa determinación por avivar as conciencias a través da súa música, pero sobre todo, das súas contundentes letras. 

 

Para presentar o seu disco, a cantante María Xosé Silvar (SÉS) volverá pisar as táboas dos principais escenarios de Galicia, España e Latinoamérica. Despois do primeiro concerto deste sábado na Coruña, seguiranlle os de Santiago (Auditorio de Galcia, 17 de decembro), Lugo (Sala Trebas, 14 de xaneiro), Ourense (Auditorio Municipal, 21 de xaneiro), Vigo (Autorio Afundación, 28 de xaneiro) e Narón (Auditorio, 3 de febreiro).

 

Esta xira conta co apoio da Xunta de Galicia, dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2020-2024, e confinanciado pola Unión Europea, como parte das respostas da #UE á pandemia da Covid-19.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE