Os festivais PortAmérica e O Son do Camiño, finalistas en seis candidaturas dos Premios Fest

PortAmérica resultou o festival finalista en maior número de categorías


|

Portamerica premios fest
PortAmérica é finalista en cinco categorías dos Premios Fest / Foto: Esmerarte

Este 2022 volve o único recoñecemento de España dedicado aos Festivais de música, os Premios Fest, co obxectivo de recoñecer, valorar e celebrar o traballo e a creatividade dos profesionais responsables do desenvolvemento dos Festivais españois.

 

Xa se publicaron, para esta novena edición, a listaxe de finalistas, que se obtivo tras un proceso de participación no que se rexistraron máis de 20.000 votacións populares. A estas votacións hai que sumar tamén a opinión do xurado profesional, que deu como resultado o panel de cantidatos definitivos para as 18 categorías polas que compiten.

 

O festival PortAmérica é finalista ás categorías de Mellor festival mediano formato, Mellor zona de acampada, Mellor zona de restauración, Festival máis sostible e o Premio á Igualdade e diversidade de xénero. Converteuse así na cita que acumula máis candidaturas este ano.

 

Doutra banda, outro festival galego, O Son do Camiño, iniciativa conxunta de Esmerarte Industrias Creativas e Bring the Noise, resultou finalista na categoría de Mellor zona de acampada.

 

Os gañadores deste festival daranse a coñecer o vindeiro mércores 26 de outubro en Bilbao , no marco do BIME.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE