O Festival Latitudes de Vigo estréase cun cartel internacional: Iggy Pop, Two Door Cinema Club, Mando Diao...

O cantante estadounidense Iggy Pop, os irlandeses Two Door Cinema Club, o suecos Mando Diao e os británicos The Vaccines son os artistas que encabezan a primeira edición en Vigo do Festival Latitudes, que se celebrará os próximos 19 e 20 de agosto co patrocinio do Xacobeo 21-22.


|

A primeira edición do festival vigués arrincará o 19 de agosto, cunha segunda xornada de música ao día seguinte no porto de Vigo, no peirao de transatlánticos. 

 

A última edición deste festival tivo lugar en Santiago, en 2016. Agora retómase na cidade olívica, co patrocinio do Xacobeo 21-22. 

 

Iggy Pop, Two Door Cinema Club ou Manda Diao, entre os artistas que visitarán Vigo no Festival Latitudes.

 

O cantante estadounidense Iggy Pop, os irlandeses Two Door Cinema Club, os suecos Mando Diao e os británicos The Vaccines son os artistas que encabezan a primeira edición en Vigo do Festival Latitudes, que se celebrará os próximos 19 e 20 de agosto co patrocinio do Xacobeo 21-22.

Así o anunciou este xoves a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, quen presentou o evento musical acompañada, entre outros, polo presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña, xa que o festival levará a cabo no peirao de Transatlánticos.

 

UN AGOSTO CHEO DE MÚSICA

"A Xunta traerá a Vigo este verán, sen ningún lugar a dúbidas, a mellor oferta musical de toda Galicia", reivindicou a representante autonómica, quen destacou a calidade do cartel do Festival Latitudes e lembrou outras citas xa pechadas como as de C. Tangana o 23 de agosto ou Muse o 8 de setembro.

O Festival Latitudes, que celebrou a súa última edición en 2016 en Santiago de Compostela, chega agora ao porto de Vigo con dous días cheos de actuacións musicais. Ademais dos cabeza de cártel, outros grupos, algúns vigueses, tamén estarán como Aphonnic, Furious Monkey House ou Zalomon Grass.

Os abonos sairán á venda este venres, día 1 de xullo, en 'ataquilla.com' ás 12,00 horas con catro tramos de prezos diferentes, desde os 35 aos 50 euros. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE