Un incendio no porto de Ribeira afecto a varias embarcacións
Segundo informa o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, os bombeiros do parque provincial de Boiro interviñeron para apagar o lume ás 12,12 horas.
Unha lancha ardeu na mañá deste venres, 25 de xullo, no porto do municipio coruñés de Ribeira. O lume estendeuse con afectacións a outras embarcacións lindeiras.
Segundo informa o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, os bombeiros do parque provincial de Boiro interviñeron para apagar o lume ás 12,12 horas.
Nun comunicado, o Consorcio explica que o operativo tamén incluíu a Bombeiros de Ribeira, agrupación de voluntarios de Protección Civil e Policía Local.
Escribe o teu comentario