Trasladan a un home tras caer do seu cabalo na Laracha
O home foi trasladado nun dos vehículos do equipo de bombeiros até a ambulancia, que o evacuou ao CHUAC
Un home tivo que se trasladada tras caer do seu cabalo nunha zona forestal da parroquia de Soandres, na Laracha.
Segundo informou o Consorcio Contraincendios e de Salvamento A Coruña, até o punto desprazouse o persoal do parque provincial de Carballo e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O lugar do accidente era de difícil acceso para acceder cun vehículo sanitario polo que o equipo do parque provincial de Carballo colaborou para acceder ao lugar no que estaba a persoa ferida e darlle asistencia.
O home foi trasladado nun dos vehículos do equipo de bombeiros até a ambulancia, que o evacuou ao CHUAC.
Escribe o teu comentario