Banda de roubo de cobre que suplantaba indentidades desarticulada en Culleredo
O cobre é unha material clave en sectores como a construción, a enerxía, a electrónica e a industria automotriz (especialmente nos autos eléctricos). A súa demanda segue aumentando, o que eleva os prezos. Isto estimula os continuos roubos de tendidos eléctricos. A Garda Civil ha desarticulado unha banda que operaba en varias provincias coa presunta colaboración dunha chatarrería de Culleredo.
A investigación realizada pola Garda Civil de Culleredo (A Coruña) permitiu a identificación dos tres supostos responsables destes feitos, un deles, propietario dunha empresa dedicada ao negocio da chatarra na Coruña que adquiría o cable subtraído en distintos puntos da provincia.
A bautizada como operación Fillum, na que tamén partició o equipo Roca da Garda Civil de Xixón, logrou a recuperación de oito toneladas de cable valorado en máis de 52.000 euros en dous chatarrerías, unha situada na Coruña e a outra en Asturias, segundo trasladou este mércores a Garda Civil.
![Cables de cobre robados recuperados por la Guardia Civil](/multimedia/images/7186899.jpg)
Os implicados empregaban datos persoais de, polo menos, seis veciños dos concellos coruñeses de Cambre e Carral para emitir facturas falsas para tratar de dar apareciencia de legalidade ás súas actividades.
Os materiais recuperados en Asturias foron trasladados en camión para ser entregado de volta ao seu lexítimo propietario. A investigación xudicial corre agora cargo dun xulgado de instrrución da Coruña.
Escribe o teu comentario