Grandes retencións en Arteixo ao envorcar un camión na AG-55 e cortar a vía
Os feitos ocorreron esta mañá, ao redor das 12:30 horas, no quilómetro 12 da autovía.
A autovía AG-55 permanece cortada ao seu paso pola localidade coruñesa de Arteixo debido ao envorco dun camión no quilómetro 12 desta vía.
Tal e como informou o 112 Galicia, foron varios os particulares que contactaron coa central de emerxencias para alertar deste sinistro sobre as 12.30 horas.
En concreto, o suceso ocorreu á altura do quilómetro 12 desta vía e, segundo a información recollida polos operadores do 112, un camión remolque envorcara neste punto, o que provocara que a estrada quedase cortada na súa totalidade.
Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que cando chegaron ao lugar sinalaron que o camioneiro se atopaba atrapado no interior, xa que o vehículo estaba totalmente ladeado e o condutor non era capaz de abrir as portas.
A continuación, deuse aviso aos Bombeiros de Arteixo, que tiveron que empregar material de excarceración para liberar ao condutor polo parabrisas dianteiro do vehículo.
Debido a este accidente, informou a Dirección Xeral de Tráfico (#DXT), a AG-55 permanece cortada desde o quilómetro 8, en Vilarrodís, ao quilómetro 11, en Loureda, en sentido Baio.
Escribe o teu comentario