Máis autobuses entre A Coruña, Oleiros e Sada en horarios de maior ocupación

A Xunta reforzará desde o vindeiro luns, 29 de xullo, sete servizos de autobús no eixo A Coruña-Oleiros-Sada en horarios de maior ocupación.


|

Images (1)
Autobús entre Oleiros e A Coruña 


Segundo explican nun comunicado, tras o seguimento específico levado a cabo durante as últimas semanas e tras unha reunión de traballo co Concello de Oleiros, acordouse reforzar as frecuencais nos momentos do día nos que vén rexistrando unha maior demanda entre esta área e A Coruña.

Entre axústelos propostos para dar resposta ás demandas do Concello de Oleiros, restablécense tres frecuencias ao día que dan servizo á urbanización de Rialta á primeira hora da mañá e ao final do día.

Dos sete servizos que se incorporan de luns a venres á oferta do autobús interurbano, cinco conectan A Coruña e Sada con paradas nas parroquias de Carnoedo e Veigue, en Sada, e dúas forman parte de liñas entre A Coruña e Lorbé, en Oleiros.

Á primeira hora da mañá actívase un servizo ás 8.35 horas de Lorbé á Coruña e adiántase ás 7.20 horas o primeiro servizo Sada-Carnoedo-Entrexardíns para incorporar no seu itinerario á urbanización de Rialta, onde se melloran as frecuencias nesta franxa horaria con estes dous servizos.

Na franxa horaria de mediodía, sumarase un servizo de Sada á Coruña ás 13.00 horas e outro da Coruña a Sada ás 14.00 horas. Pola tatde, reactívanse catro expedicións, dúas por sentido. De Sada a Entrexardíns sairán ás 18.30 e ás 21.00 horas. En sentido contrario, sairá de Entrexardíns un servizo cara a Sada ás 20.00 horas e outro ás 21.55 horas até Lorbé, con parada en Rialta.

Grazas a isto xa non será necesario o transbordo nestes horarios nas lanzadeiras entre Lorbé e Sada, reactivar os servizos directos entre A Coruña e Sada.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE