A xuízo catro persoas para as que piden seis anos de prisión por roubos na provincia da Coruña

Os feitos, aos que os acusados responden en concepto de coautroes, son constitutivos dun delito de roubo con forza para os que solicitan cinco anos de cárcere para cada un e un delito de pertenza a grupo criminal polo que piden un ano de prisión
 


|

Archivo - Entrada de la Audiencia Provincial de Pontevedra donde se juzga al presunto culpable del accidente en el que murieron tres personas en Pontevedra, a 17 de enero de 2023, en Pontevedra, Galic
Arquivo 


A Audiencia Provincial da Coruña acollerá o vindeiro martes o xuízo contra catro persoas acusadas de varios roubos en localidades da provincia da Coruña.

Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos sucederon de xaneiro a maio de 2017 cando os procesados, "actuando en grupo e en execución dun plan preconcibido e con ánimo de obter un indebido enriquecemento", roubaron en varios lugares de Porto do Son, Outes, Noia e Boiro.

Os acusados, que se desprazaban nun Opel Astra ou nun Peugeot, caracterizábanse porque "consumían comestibles e bebidas no interior dos lugares aos que accedían".

Entre os lugares aos que accederon para roubar atópase o campo de fútbol do Noia C.F, un bar na localidade de Outes e un bazar de Noia, así como en diferentes inmobles.

Os feitos, aos que os acusados responden en concepto de coautroes, son constitutivos dun delito de roubo con forza para os que solicitan cinco anos de cárcere para cada un e un delito de pertenza a grupo criminal polo que piden un ano de prisión.

Ademais, os acusados deberán indemnizar de forma conxunta e solidaria coa cantidade de máis de 10.580 euros --en total-- ás súas vítimas. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE